top of page

Revista
Vencellos

Este proxecto nace como un Traballo de Fin de Grao de Xornalismo e Comunicación Audiovisual para dar a coñecer diferentes artistas da comunidade galega e das diferentes disciplinas das Belas Artes.

 

Mediante diferentes formatos xornalísticos e audiovisuais preténdese retratar a figura de sete artistas, o seu traballo e a súa visión sobre a arte. Nesta primeira edición daa revista, os protagonistas comparten un "vencello" común, a nova concepción da arte e das súas disciplinas.

Un “vencello” é aquilo que une unha persoa ou cousa a outra, e o obxectivo deste proxecto é unir a artistas, pero tamén a aqueles interesados na cultura. 

A arte sempre foi un reflexo da sociedade na que se crea e é por iso polo que cada autor ten a súa propia concepción. Capturar estas novas percepcións permite comprender como evolucionan as ideas, os valores e tamén o xeito no que se desenvolve cada disciplina.

Quen está detrás?

O meu nome é Lucía Campos, alumna do dobre grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.

Desde pequena sempre me interesou o mundo da arte e como esta forma de expresión pode impactar nos demais. Mais non só esta paixón persoal motivou a posta en marcha deste proxecto, senón a creación dun espazo que promova a arte en todas as súas formas a través da exploración da creatividade, da busca da diversidade cultural e do intercambio de opinións e puntos de vista.

  • Instagram

Ademais, tamén podes seguir o proxecto en Instagram!

E para contactar, escribe a revistavencellos@gmail.com

bottom of page